[GAL] Non temos que pedir perdón por ser ceives.

NON TEMOS QUE PEDIR PERDÓN POR SER CEIVES.

Pasaron xa uns meses dende a folga do 29 de marzo* e o Estado pretende sinalarnos esa data coma un síntoma de derrota e desilusión. Nembargantes, somos conscentes do que alí ocorríu, que foi tan só unha pequena mostra da capacidade real que temos as persoas para facer fronte ó estado de miseria que nos andan a impoñer. Para nós, non existe distancia algunha entre a crítica e a subversión do sistema político, pois pretendemos ataca-las nosas causas de desigualdade social, non xestionalas. Unha desigualdade que marca a diferenza entre os que teñen moito e os que non teñen nada, entre os armados e os desarmados, de vontade e decisión. A evidencia do enfrontamento fai que retomémo-la nosa capacidade de acción para incidir en todas aquelas realidades que fan forte o valor da disidencia que loita po-la transformación social. Dun lado, o Estado e os símbolos do capital cos seus cans de presa que a golpe de porra e goma defenden a paz para os seus amos; do outro, nós, as desposuídas de casa e salario, pero nunca de ilusión. Ilusión por ver caer ós nosos amos e que xa non poidan darnos nin quitarnos máis dereitos. Porque ese día 29M romperamos coa lexitimidade que pretenden impoñer ás nosas accións: a lexitimidade da obediencia. Sen a aprobación do goberno parámo-las máquinas, deixamos de repartir e de cociñar para os nosos maridos, porque non precisamos do goberno para ser ceives.

Temos claro que o poder sempre gobernará para a súa propia perpetuación. A liberdade é, para nós,  unha conquista irrenunciable que non pode convivir con nocións como a de poder, dominio e autoridade. É un principio que guía as nosas accións e que se fai patente mentres duran as mesmas. Liberdade é o que se respiraba nas rúas de Barcelona o 29M, cando nos dimos conta da nosa capacidade de acción, de que os nosos obxectivos de cambio pasan inevitablemente por un enfrontamento directo ante aqueles que nos queren nega-la palabra e a decisión, sen máis motivo que o utilitarismo do mercado.

E máis tarde… máis tarde a represión: xuízos de tódolos tipos, telexornais, papeis, avogados, medos e barrotes. Algúns compañeiros xa sufriran o amargo tacto do presidio, outros aínda non, pero a ameaza fai que vivan sempre cunha pequena cárcere dentro. Sentimento de raiba cando sentes na túa pel que poden facer contigo o que queiran.  Cando lles demos tanto poder? En qué momento nos pareceu esa unha boa idea? Raiba cando te envían ó cárcere; raiba cando che disparan ou golpean; rabia, en definitiva, cando che impoñen unha vida que te ata á súa vontade.

Por todo isto, e para non hipoteca-la nosa actividade política a causa dos costos da represión, pedímo-lo apoio e a colaboración dos nosos compañeiros, a través do cal se poderá diluí-la carga que pesa sobre nós para ter así a posibilidade de seguir construíndo redes que nos permitan enfrontarnos ó Estado e construír alternativas.

Nada nos importan os seus discursos mediáticos, nin as súas formas represivas contra militantes libertarios, porque nesta batalla non está en xogo a nosa vida, senón o mundo  e, por iso, venceremos. A nosa vontade é firme, porque a guerra traerá máis sufrimento, pero é seguro que a paz traerá escravitude.

Viva a revolución social.

Viva a anarquía.

 

* O pasado 29 de marzo de 2012 tivo lugar unha folga xeral no Estado Español, en Barcelona convirteuse nun día de loita popular atacando ós causantes e defensores das nosas miserias, a raíz desta xornada máis de 100 persoas foron detidas en toda Catalunya e 6 estiveron baixo prisión preventiva (entre elas dúas persoas do barrio de Sants).

Para colaborar económicamente co esforzo anti represivo das compañeiras de Sants, abriuse o seguinte número de conta:

2100-0959-68-0100836750

A día de hoxe son 6 as persoas procesadas no barrio de Sants polo 29M.

Actualizaremos información sobre o estado dos procesos xudiciais.

Para contactar connosco, podedes escribirnos a

acciollibertariasants@riseup.net

Acció Llibertària de Sants.

_____________________________________________________________________

NON HABERÁ PAZ ATA QUE NON HAXA LIBERDADE
(Actualización dos casos represivos en Sants coma consecuencia da pasada folga do 29 de marzo)

Trala a xornada de paro xeral do 29 de marzo de 2012, a maquinaria represiva do Estado púxose en marcha para dar conta do castigo que supón a mobilización e a loita das oprimidas. Ese mesmo día da folga houbo decenas de detencións, que remataron con tres compañeiros en prisión preventiva por delitos coma desordes públicas e danos. A cousa non rematou alí e, nas semanas seguintes, a Consellería d’Interior dirixida por Felip Puig deu a orde de investigar baixo calquera prezo os feitos acontecidos na cidade condal: dende seguimentos a militantes dos movementos sociais ata a creación da famosa páxina de colaboración cidadá na que dito departamento buscaba que a xente da rúa delatase ós seus iguais  apelando ó pretendido sentido de responsabilidade cidadá.

Así, o 19 de abril foron detidos á saída das súas casas 4 compañeiros, tres delas militantes anarquistas do barrio de Sants. Tralo rexistro dalgunha vivenda, confirmáronse os cargos de incendio e desordes públicas ligadas ós disturbios que aconteceron a tarde do 29 de marzo. O xuíz de garda púxonos en liberdade con cargos, coa obrigación de ir firmar cada quince días, e unha fianza de 6.000 euros e a imposibilidade de saír do país para un deles.

A finais de maio, continuaron as detencións contra os folguistas, esta vez polos feitos acontecidos durante o piquete da mañá convocado polo Comité de Vaga de Sants, onde houbo varios incidentes pola tensión entre crebafolgas e folguistas. Foron detidas tres persoas, das que se decretou prisión preventiva para dúas delas. De novo, o Estado amparouse nunha mal intencionada liberdade individual (a liberdade para traballar nun día de folga) para armar un discurso que busca deslexitimar a acción dos oprimidos que, mediante a ferramenta da folga, buscan revolucionalo presente para construír una sociedade máis xusta e igualitaria.

Os cargos que pesan contra os compañeiros son diversos e, algún deles, de pena elevada. Estos cargos varían, pero as imputacións van dende delitos ligados ó piquete da mañá convocado polo Comité de Vaga de Sants (coaccións, danos, lesións, roubo…) ata os disturbios que se orixinaron na manifestación unitaria da tarde (incendio, danos, desordes públicas, etc.).

Este aumento da cualificación penal (o delito de incendios está castigado cunha pena de prisión de dez a vinte anos) dá permiso á brigada de información dos Mossos d’Esquadra  para facer unha investigación que ata agora soamente fora xustificada en casos graves (coma delitos de terrorismo e tráfico de drogas, por exemplo), engrosando os seus ficheiros policiais con rexistros domiciliarios, intervención e descarga de teléfonos, gráficos de relacións, etc.

Por agora, respecto ós delitos da mañá houbo xa varias declaracións ante o xuíz, que tivo que absolver ou arquivar algunhas causas pola falta de probas. Aínda así, hai pendentes diversas acusacións de coaccións, ameazas, lesións e danos relacionados co piquete da mañá.

Nos casos da manifestación da tarde, estase seguindo unha fonda investigación que aínda non concluíu, engrosando os atestados dos imputados.

Polo momento, as detidas teñen medidas preventivas dende o momento das detencións: fianzas, presentacións periódicas nos xulgados e restricións para abandonalo país.

Con este texto e o seu precedente: “Non pediremos perdón por ser libres”, pretendemos informar da situación represiva no barrio barcelonés de Sants en relación coa pasada folga do 29M, co ánimo de facer máis fortes as nosas loitas sen caer no vitimismo, aprender do pasado e mirar con forza ó futuro; como xa dixeramos, a guerra pode traer máis sufrimento pero é seguro que a paz traerá escravitude.

Viva a anarquía
Viva a revolución social

Abrímolo seguinte número de conta para colaborar económicamente co esforzo anti represivo dos compañeiros de Sants.

2100-0959-68-0100836750

Actualizaremos información sobre os procesos xudiciais abertos.

acciollibertariasants@riseup.net

Acció LLibertaria de Sants

Anuncis

Deixa un comentari

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

Esteu comentant fent servir el compte WordPress.com. Log Out / Canvia )

Twitter picture

Esteu comentant fent servir el compte Twitter. Log Out / Canvia )

Facebook photo

Esteu comentant fent servir el compte Facebook. Log Out / Canvia )

Google+ photo

Esteu comentant fent servir el compte Google+. Log Out / Canvia )

Connecting to %s